Método de calibración automático

O método de calibración automático permite axustar a velocidade do punteiro utilizando sómente movementos da cabeza.

Pasos

A primeira pantalla pídelle ao usuario que mova a cabeza horizontalmente para calcular a velocidade no eixo X.

Cando o sistema teña calculado dita velocidade, pediralle que mova a cabeza verticalmente para calcular a velocidade no eixo Y.

Para rematar, se o sistema detectou movemento abondo, poderá probar a velocidade do movemento e confirmar se acepta, cancela ou desexa repetir o procedemento.

Volver ao inicio