Introdución

Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partires do movemento da cabeza. Funciona nun computador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais. eViacam está baseado no programa Rato facial galardoado con varios premios.

Con Enable Viacam, vostede será quen de controlar o computador sen empregar as mans. Para elo utiliza unha cámara web estándar para seguir o movemento da súa faciana e controlar con el o punteiro do rato. Tamén fornece varios métodos para premer (facer clic).

Principais características e vantaxes

Plataformas compatíbeis

NOTA: na actualidade, algunhas funcións só están dispoñíbeis para GNU/Linux.

Licenza

Enable Viacam é Software Libre publicado baixo os termos da licenza GNU GPL v3.0

Enable Viacam (C) Copyright 2008-2011 César Mauri Loba.

Páxina web: http://viacam.org

Volver ao inicio