Sobre webcams

A webcam é o elemento técnico determinante para o correcto funcionamento de eViacam. A imaxe que prové este dispositivo ao aplicativo debe cumprir os seguintes requisitos:

Velocidade de captura

É o número de imaxes por segundo que a webcam transmite ao computador. Este valor indicase en fps (fotogramas por segundo) e debería ser igual ou superior a 25 fps, do contrario o funcionamento verase sensibelmente deteriorado. Pode comprobar este valor no canto inferior esquerdo da xanela principal. Teña en conta que a velocidade de captura pode reducirse debido a factores externos como a iluminación da sala. De ocorrer isto pode ser preciso axustar as opcións da cámara manualmente a través do diálogo de configuración da mesma.

Calidade da imaxe

A cámara debe transmitir unha imaxe nidia e sen perturbacións. Para obter os mellores resultados empregue unha cámara de alta calidade con lentes de cristal e sensor CCD. Ademais é posíbel que sexa necesario axustar a opción de antipestanexo en función da frecuencia (50/60 Hz) da rede eléctrica da súa zona.

Resolución da imaxe

É o tamaño (en píxeles) da imaxe capturada. Enable Viacam tentará sempre empregar unha resolución de 320x240 píxeles.

Volver ao inicio