2. Navegación por táboasNavegación de táboaConfigurar a navegación de Orca dentro das táboasJoanmarie Diggsjoanied@gnome.org
Creative Commons Compartir Igual 3.0
Preferencias da navegación por táboas
A seguinte opción permítelle personalizar como se comporta Orca cando navega dentro dunha táboa en aplicativos habilitadas para navegación estructural.
Ler as coordenadas dunha cela
Se esta caixa de verificación está marcada, Orca anunciará as coordenadas de cada cela á que navegue.
Valor por omisión: marcado
Ler as expansións múltiples de cela
Se esta caixa de verificación está marcada, Orca anunciará cantas filas e/ou columnas abarca unha cela cando esta abarque máis de unha.
Valor por omisión: marcado
Anunciar a cabeceira dunha cela
Se esta caixa de verificación está marcada, Orca anunciará os cambios na cabeceira se se poden determinar as cabeceiras para a cela actual.
Valor por omisión: marcado
Saltar celas en branco
Se esta caixa de verificación está marcada, Orca saltarase as celas en branco cando use as ordes de navegación estrutural por táboas de Orca para acceder á táboa.