Este é o manual do MuseScore, versión 0.9.4 e superiores. Para axudar a mellorar ou traducir o manual, deixe unha mensaxe no foro de documentación do MuseScore e solicite ser un colaborador do manual.
O MuseScore funciona en moitos sistemas informáticos, incluídos Windows, Mac OS e Linux.
O instalador para o Windows atópase na páxina de descargas deste sitio web. Prema a ligazón para comezar a transferilo. O navegador web pedirá confirmación de que se quere transferir este ficheiro. Escolla "Gardar Ficheiro".
Ao rematar a transferencia, prema dúas veces no ficheiro para comezar a instalación. Pode que o Windows abra unha xanela de seguranza e pida confirmación antes de executalo. Prema "Executar" para continuar.
O instalador recomenda que se fechen todos os demais aplicativos antes de continuar. Unha vez fechados, prema «Seguinte» para continuar.
O asistente da instalación mostra os termos da licenza de software libre, que pode ler. Prema «Estou de acordo» para continuar.
A seguir confirme o sitio no que se ha de instalar o MuseScore. Se se está a instalar unha versión do MuseScore máis recente mais prefírese manter a versión antiga no computador, haberá que mudar de cartafol. De non ser así, prema «Seguinte» para continuar.
A seguir confirma o nome do cartafol de MuseScore que aparece na lista de programas do menú Inicio do Windows. Prema «Instalar» para continuar.
Agarde uns minutos mentres o asistente instala os ficheiros e configuracións precisos. Ao finalizar prema «Rematar» para saír do instalador. Se o desexa, pode eliminar o ficheiro de instalación que descargou.
Para executar o MuseScore escolla Inicio → Todos os Programas → MuseScore 0.9 → MuseScore.
O MuseScore ábrese ao cabo duns segundos mostrando a partitura de demostración. Experimente con ela e familiarícese co programa. Despois pode crear a súa primeira partitura.
MuseScore-1.1.exe /S
/D=C:\Program Files\MuseScore
cd C:\Program Files\MuseScore
Uninstall.exe /S
O ficheiro dmg para Mac atópase na páxina de Descargas do sitio web do MuseScore. Prema a ligazón para iniciar a descarga. Cando esta remate, o ficheiro dmg móntase automaticamente no escritorio como "MuseScore-0.9.6" e aparece o Instalador.
Arrastre a icona do MuseScore e sóltea sobre a icona do cartafol Aplicativos. Se non iniciou a sesión como administrador, MacOSX pide un contrasinal: prema «Autenticar» e introduza o seu contrasinal para que o Mac OS X copie o MuseScore no cartafol de aplicativos.
Xa pode lanzar o MuseScore desde Aplicativos ou SpotLight.
Simplemente elimine MuseScore do cartafol Aplicativos.
Consulte a páxina de descargas para instrucións relacionadas co MuseScore no Linux. Fornécense paquetes para Debian, Ubuntu, Fedora e PCLinuxOS. Outras distribucións requiren que se constrúa este aplicativo a partir das fontes. para instrucións específicas de Fedora consulte abaixo.
su rpm --import http://prereleases.musescore.org/linux/Fedora/RPM-GPG-KEY-Seve
su yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.i386.rpm
su yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.x86_64.rpm
Se ten dificultades co son, consulte Fedora 11 e o son.
No menú principal escolla Ficheiro → Nova. Isto abre o asistente de partituras novas.
Introduza o título, compositor e outra información, como se ve encima disto. Fíxese nas dúas opcións da parte inferior:
A primeira opción permite seleccionar de entre as partituras xa preparadas na pantalla seguinte. A segunda opción ofrece a escolla completa de instrumentos na pantalla seguinte. Os modelos trátanse en profundidade máis abaixo, mais por agora abonda con escoller «Crear unha partitura nova desde cero».
Prema «Seguinte» para continuar.
A xanela dos instrumentos divídese en dúas columnas. A primeira enumera instrumentos e rexistros vocais de entre os que escoller. A segunda está baleira ao principio mais vai conter axiña a lista dos instrumentos da nova partitura.
A lista de instrumentos da primeira columna está subdividida en familias de instrumentos. Prema dúas veces unha categoría para que apareza a lista completa de instrumentos de cada familia. Seleccione un instrumento e prema «Engadir». O instrumento seleccionado aparece na segunda columna. Pódense engadir máis instrumentos ou rexistros de voz se se precisan.
A orde dos instrumentos na segunda columna determina a súa orde de aparición na partitura. Para alterar a orde, prema o nome dun instrumento e empregue os botóns «Arriba» ou «Abaixo» para subilo ou baixalo. Cando remate, prema «Seguinte».
Na versión 0.9.3 do MuseScore, o asistente pide a armadura. Seleccione a que precise e prema «Seguinte» para continuar.
Nas versións 0.9.2 e anteriores, o asistente non pide a armadura, polo que pode ignorar este paso.
Configure a marca de tempo como desexe. Se a peza comeza cunha anacrusa, seleccione «Anacrusa» e axuste a marca de tempo para indicar a duración real do primeiro compás.
Se sabe aproximadamente cantos compases necesita, pódeos especificar aquí. De non ser así, pódense engadir ou eliminar os compases posteriormente.
Prema «Rematar» para crear a nova partitura.
Todo o que se configure co asistente para partituras novas pode modificarse posteriormente.
Vexa tamén: Armaduras, Marcas de tempo, claves.
Ao crear unha partitura nova co asistente hai unha opción para «Crear unha partitura nova a partir dun modelo» na primeira pantalla (vexa Título e outros textos máis arriba para máis detalles). Selecione a opción dos modelos e prema «Seguinte» para continuar.
Seleccione un modelo e prema Seguinte para continuar co asistente para partituras novas como faría normalmente.
Os ficheiros de modelo son ficheiros normais do MuseScore almacenados no cartafol de modelos. Pódense crear modelos gravando ficheiros do MuseScore nel. No Windows, o cartafol de modelos atópase normalmente en C:\Program Files\MuseScore\templates. No Linux, mire en /usr/share/mscore-xxx se instalou co xestor de paquetes. Se compilou o mscore no Linux, mire en /usr/local/share/mscore-xxx. Nun Mac, mire en /Applications/MuseScore.app/Contents/Resources/templates
Sábese que o software seguinte causa fallos xerais ao iniciar o MuseScore:
Sábese que o cabo virtual da Maple fai que o MuseScore non se feche adecuadamente.
Sábese que o MuseScore mostra as notas como cadrados cando algúns tipos de letras están estragados no MacOS X.
Para descobrir este problema:
O capítulo "Comezar" anterior guía a través do proceso de Instalación para crear unha partitura nova. O capítulo "Elementos" é unha ollada xeral sobre o MuseScore e describe os métodos xerais de interacción coa partitura.
Para engadir notas e silencios a un pentagrama requírense catro pasos básicos:
Para engadir notas que se sobrepoñen no tempo mais que comezan ou rematan en tempos DIFERENTES, vexa Voces. Para os acordes, continúe lendo aquí.
Primeiro seleccione na partitura unha nota ou silencio como posición de inicio para a introdución de notas. A introdución de notas no MuseScore substitúe as notas ou descansos existentes nun compás polas notas novas (isto é, sobrescribe no canto de inserir). Porén, pódense inserir compases novos en calquera momento (vexa operacións cos compases, "Inserir") ou empregue copiar e pegar para mover unha pasaxe de notas.
O botón «N» da barra de ferramentas Introdución de notas indica se se está no modo de introdución de notas ou non. Ademais de premer o botón, pódense utilizar os atallos seguintes.
Unha vez no Modo de introdución de notas, seleccione a duración da nota que desexe na barra de ferramentas Introdución de notas ou empregue o atallo de teclado correspondente.
Os atallos de teclado para seleccionar a duración da nota redúcense a unha única tecla e ordénanse así:
Con todos os instrumentos (excepto a percusión sen altura) pódense engadir alturas co rato premendo directamente o pentagrama. Para instrucións específicas para a percusión vexa Notación da percusión). Porén, pode resultar máis rápido empregar un teclado MIDI (vexa máis abaixo) ou o teclado alfabético. Os exemplos seguintes empregan un teclado de computador normal.
Introduza as alturas escribindo a letra correspondente no teclado:
C (do) D (re) E (mi) F (fa) G (sol) A (la) B (si) C (do)
0 (cero) crea un silencio: por exemplo C D 0 E. Lembre que a duración que se seleccione para as notas (negra neste exemplo) tamén determina a duración do silencio (de negra)
Lembre que nas versións 0.9.6 e anteriores o silencio estaba na barra espaciadora. Nas versións máis recentes, esta inicia a reprodución.
Durante a introdución das notas o MuseScore avanza automaticamente na partitura. Se desexa engadir unha nota dun acorde á última nota introducida, fágao mantendo as Maiúsculas premidas e introducindo o nome dunha nota: C (do) D (re) Maiúsculas +F (fa) Maiúsculas+A (la) E (mi) F (fa)
Para crear acordes con notas de duracións diferentes vexa voces.
Se desexa engadir unha nota con puntillo, prema .. Por exemplo 5 . C 4 D E F G A (Nota: as versións 0.9.3 e anteriores empregan atallos de teclado diferentes para mudar a duración das notas. Vexa a sección de enriba para máis información)
Cando se escribe unha nota no teclado, o MuseScore escolle a oitava máis próxima da nota anterior introducida.
Para subir ou baixar a nota unha oitava, empregue os atallos de teclado seguintes:
Outros atallos de teclado útiles dispoñíbeis no Modo de introdución de notas:
Tamén se poden introducir alturas cun teclado MIDI no MuseScore na versión 0.9.6 ou posteriores.
Nota: o teclado MIDI introduce unha nota ou acorde de cada vez. Este modo de introdución de notas (chamado ás veces «introdución a pasos») é rápido e fiábel. Hai software de notación que tenta interpretar a «introdución en tempo real», co músico a tocar unha pasaxe e o software a tentar crear a notación. Porén, os resultados son con frecuencia pouco fiábeis mesmo cando é un músico experto quen toca e con software caro. O MuseScore céntrase en formas de introdución de notas máis fiábeis.
Se dispón de varios dispositivos MIDI ligados ao computador pode que lle teña que indicar ao MuseScore cal é o teclado MIDI. Na versión 0.9.6 e posteriores vaia a Editar → Preferencias.... (Mac: MuseScore → Preferencias...). No diálogo de preferencias prema a lapela → E/S e escolla o dispositivo na sección chamada «Escoller o dispositivo de entrada PortMidi».
As notas que caen dentro da tesitura dun instrumento ou voz aparecen en negro. Porén, o MuseScore 0.9.5 e posteriores marca as notas en vermello se caen alén da tesitura normal dun instrumento. Nalgúns instrumentos a tesitura depende da destreza do músico (como as cordas, ventos ou voz). Para estes instrumentos, as notas que caen fóra da tesitura dun principiante aparecen en amarelo escuro e as notas que caen fóra da tesitura normal dun profesional aparecen en vermello.
As cores son informativas e aparecen na pantalla do computador mais non aparecen nas copias impresas das partituras. Para desactivar as cores das notas na versión 0.9.6 e posteriores escolla Editar → Preferencias... (Mac: MuseScore → Preferencias...), prema a lapela Introdución de notas e desactive «Colorar as notas que fiquen fóra da tesitura usábel».
Copiar e pegar é unha ferramenta útil para música repetida ou para trasladar unha sección musical un ou dous compases.
Pódense modificar moitos elementos das partituras no Modo de edición :
Algúns elementos mostran os selectores no modo de edición que se poden mover arrastrándoos co rato ou con comandos de teclado.
Ligadura no Modo de edición:
Comandos de teclado disponíbeis:
Vexa tamén: Edición de texto, Ligaduras de expresión, Chaves, Liñas
Para engadir un compás no final dunha peza, prema Ctrl+B (Mac: ⌘+B) ou escolla no menú Crear → Compases → Engadir un compás. Para engadir varios compases prema Ctrl+Maiúsculas+B (Mac: ⌘+Maiúsculas+B) ou empregue o menú Crear → Compases → Engadir compases....
Seleccione primeiro un compás e a seguir prema Ins ou empregue o menú Crear → Compases → Inserir un compás> para inserir un compás baleiro antes do que ten seleccionado. Para inserir varios compases empregue o menú Crear → Compases → Inserir compases....
Escolla primeiro o compás e despois prema Ctrl+Supr (Mac: ⌘+Fn+Retroceso).
En 0.9.5 e anteriores é diferente. Prema Ctrl (Mac: ⌘) no teclado encanto preme un espazo baleiro do compás co rato. Este compás márcase cunha liña de puntos que indica que se seleccionou "un espazo de tempo". Prema Ctrl+Clic (Mac: ⌘+Clic) para estender a selección. Ao premer Supr (Mac: Fn+Retroceso) elimínanse os compases seleccionados.
Para modificar as propiedades dun diálogo calque co botón dereito do rato nunha parte baleira do compás e seleccione Propiedades do compás....
A propiedade Visíbel permite mostrar ou acochar as notas e as liñas do pentagrama do compás actual. A propiedade Sen plicas permite mostrar ou acochar as notas das plicas do compás actual. As notas que normalmente teñen plica, como as brancas e as negras, só mostran a cabeza da nota ao se marcaren como sen plica.
A duración nominal é o tempo que se mostra na partitura. Pódese modificar a duración real dun compás para calquera valor independentemente do tempo que apareza na partitura. Normalmente, as duracións nominal e real dun compás son idénticas. Porén, un compás con anacrusa, por exemplo, pode ter unha duración real menor.
Na figura de embaixo, a anacrusa de negra ten unha duración de compás nominal de 4/4, mais unha duración real de 1/4. Os compases do medio teñen duracións nominais e reais de 4/4. O compás adicional con só unha branca con puntillo do final ten unha duración real de 3/4.
Os compases "irregulares" non se contan na numeración de compases. Normalmente, as anacrusas márcanse como "irregulares". Cando se marca un compás como irregular nas versións actuais do MuseScore pode que haxa que gardar e volver a cargar a partitura antes de que os números de compás mostren o cambio.
Tamén se pode empregar a opción "engadir o número de compases" para influenciar como se numeran os compases. Pódense introducir números positivos ou negativos. Lembre que isto afecta os compases posteriores. O valor "-1" ten o mesmo efecto que converter o compás en irregular.
Pódese aumentar ou diminuír o espazo horizontal entre as notas con esta opción.
Se o compás é o final dunha repetición, é posíbel definir cantas veces hai que repetilo.
Esta propiedade separa un silencio de varios compases no compás actual. Hai que seleccionar esta opción antes de activar a opción "Crear compases de espera" en Estilo → Modificar o estilo xeral.
As versións 0.9.6 e posteriores rachan automaticamente os compases de espera nos puntos importantes, como marcas de ensaio, cambios de tempo, barras de compás dobres, etc.
O MuseScore numera automaticamente o primeiro compás de cada sistema, mais hai máis opcións de numeración posíbeis. No menú principal escolla Estilo → Modificar o estilo. No panel da esquerda escolla "Números". Na metade inferior do panel da dereita está a sección "Números de compás".
Marque a opción que hai a carón de "Números de compás" para activar automaticamente os números de compás.
Marque "mostrar o primeiro" se quixer que o primeiro compás leve o número.
marque "todos os pentagramas" se quixer números en todos os pentagramas; de non ser así, só leva números o pentagrama superior de cada sistema.
Escolla mostrar os números en "todos os sistemas", que numera o primeiro compás de cada liña, ou mostrar os números por "intervalo" e especifique o tamaño do intervalo. Por exemplo, un intervalo de 1 numera todos os compases; un intervalo de 5 numera cada cinco compases.
As paletas pódense mostrar ou agochar co menú Mostrar → Paleta.
Pódense arrastrar e soltar os elementos das paletas para os elementos da partitura.
Premer dúas veces un símbolo dunha paleta equivale a arrastrar e soltar ese símbolo para todos os elementos seleccionados da partitura.
Por exemplo, pódese colocar facilmente un tenuto simultaneamente en varias notas:
O MuseScore permite desfacer e refacer sen límites.
Os atallos de teclado normais son:
O MuseScore admite unha ampla variedade de formatos de ficheiro, o que permite compartir e publicar partituras no formato que máis se axeite ás necesidades de cada un. Pódense importar ficheiros mediante Ficheiro → Abrir... e exportar mediante ficheiro → Gravar como.... Para alén dos formatos que se detallan embaixo, pódense gravar e compartir as partituras na web en MuseScore.com Ficheiro → Gravar en liña....
*.mscz
).mscx
e inclúe imaxes.*.mscx
)Nota sobre os tipos de letra: O MuseScore non incorpora os tipos de letra ao ficheiro. Se desexa compartir un ficheiro do MuseScore con outras persoas, escolla un tipo de letra para o texto que as outras persoas teñan instalado. Cando un computador non ten os tipos de letra indicados no ficheiro, o MuseScore emprega unha fonte de reserva. É obvio que ese tipo de letra de reserva terá unha aparencia distinta.
.*.mscz,
or .*.mscx,
)sentitulo.mscz
», a copia de seguranza chámase «.sentitulo.mscz,
». A copia de seguranza contén a versión anterior gravada do ficheiro do MuseScore e pode ser importante se a copia normal se corrompe ou se hai necesidade de mirar unha copia lixeiramente anterior da partitura. Para abrir un ficheiro de seguranza do MuseScore haille que mudar o nome ao ficheiro eliminando o punto e a vírgula. Dado que se almacena no mesmo cartafol que o ficheiro normal de MuseSocre, tamén lle hai que dar un nome diferente (por exemplo, poderíase mudar o nome de ficheiro «sentitulo.mscz
» para «sentitulo-seguranza1.mscz
».*.pdf
)*.ps
)*.png
)*.svg
)*.wav
)*.flac
)*.ogg
)*.xml
)*.mxl
)*.mid
)*.ly
)*.md
) (Só importar)*.md
) (só importar)*.cap
) (só importar)*.bww
) (só importar)*.mgu
, *.sgu
) (só importar)*.ove
) (só importar)No capítulo anterior, "Elementos", aprendeu a introducir notas e a interaccionar coa paleta. O capítulo "Notación" describe os diferentes tipos de notación en máis detalle, incluída a notación musical máis avanzada.
Pódense mudar as alteracións ou accidentes arrastrando un símbolo de alteración desde a paleta de alteración para unha nota da partitura.
Se só se quere mudar a altura dunha nota tamén se pode seleccionar a nota e premer:
Na versión 0.9.6 e posteriores pódese converter unha alteración existente nunha alteración de precaución («cautelar» ou «editorial», colocada entre parénteses): arrastre os parénteses desde a paleta de alteracións para riba da alteración existente (non sobre a cabeza da nota). Para eliminar os parénteses escolla a alteración e prema Suprimir.
A función do menú Notas → Expresión da altura tenta adiviñar as alteracións correctas para toda a partitura.
As armaduras créanse e modifícanse arrastrando un símbolo de armadura desde a paleta de armaduras para un compás ou armadura existente.
F9 alterna a xanela da paletas.
Arrastre unha armadura desde a paleta para riba dunha armadura da partitura. Tamén se pode arrastrar unha armadura desde a partitura para riba doutra armadura con Maiúsculas+botónEsquerdoDoRato+Arrastrar.
Arrastre unha armadura desde a paleta para unha parte baleira dun compás. Isto crea unha armadura no inicio do compás.
Seleccione unha armadura e prema Supr.
Os arpexos créanse arrastrando un símbolo de arpexo desde a paleta Arpexos e glissandos para unha nota ou acorde.
Para mudar a lonxitude do arpexo, prema dúas veces o arpexo e arrastre o selector para riba ou para baixo.
Os glissandos créanse arrastrando un símbolo de glissando desde a paleta Arpexos e glissandos para a primeira nota de dúas consecutivas do mesmo pentagrama.
Modifique ou elimine o texto dun glissando preméndoo co botón dereito e seleccionando «Propiedades do glissando» no menú. De non haber espazo abondo entre dúas notas, o MuseScore non mostra o texto.
As barras de compás modifícanse arrastrando o símbolo desde a paleta de barras de compás para unha barra da partitura.
Para acochar de todo unha barra de compás, prema a liña co botón dereito do rato e escolla Facer invisíbel.
Para extender as barras de compás a varios pentagramas, prema unha barra dúas veces para editala (vexa Modo de edición).
Prema o cadro azul e arrástreo sobre o pentagrama seguinte.
Todas as barras da partitura actualízanse ao saír do modo de edición.
Vexa tamén: Operacións cos compases
Seleccione a chave e prema Supr
Arrastre un símbolo de chave desde a paleta de chaves para un espazo baleiro do primeiro compás dun sistema.
Arrastre un símbolo de chave desde a paleta de chaves para encima dunha chave da partitura.
Prema dúas veces unha chave para entrar no modo de edición; no modo de edición pódese arrastrar a altura dunha chave para que abarque cantos pentagramas se queira dun sistema.
Se se desexa mover unha chave un pouco para a esquerda ou para a dereita, hai que facer dobre click na chave para entrar no modo de edición e premer Maiúsculas+Left ou Maiúsculas+Dereita.
As claves créanse ou modifícanse arrastrando o símbolo da clave desde a paleta de claves para un compás ou outra clave. Empregue F9 (Mac: ⌥+⌘+K) para mostrar ou ocultar barra lateral das paletas.
Arrastre unha chave desde a paleta para unha das claves da partitura. Tamén se pode arrastrar unha clave desde a partitura para riba doutra clave empregando Maiúsculas + BotónDereitoDoRato + Arrastrar.
Arrastre unha chave desde a paleta para unha parte baleira dun compás. Isto crea unha chave ao principio do compás. Arrastre unha chave para riba dunha nota determinada para crear unha chave na metade dun compás. Se non é a primeira medida do pentagrama aparece máis pequena.
Escolla unha chave e prema Supr.
Lembre que mudar unha chave non altera a altura de ningunha nota. No canto disto, as notas móvense para manter a altura.
Os crescendos e decrescendos son obxectos de liña. Para crealos seleccione primeiro unha nota para marcar o punto de inicio.
Tamén se poden crear estas chaves de dinámica arrastrando un símbolo desde a paleta de liñas para riba dunha nota.
Nas partituras para piano é frecuente empregar os dous pentagramas (chaves de sol e de fa) para escribir unha frase musical.
Isto pódese introducir en MuseScore deste xeito:
Introduza primeiro todas as notas dun pentagrama:
Ctrl+Maiúsculas+Abaixo move a nota ou acorde seleccionados para o pentagrama seguinte (Mac: ⌘+Maiúsculas+Abaixo.
Vexa tamén: Barras de compás para as barras de compás que se estenden entre varios pentagramas (ou sexa, un sistema de pentagramas).
Os grupos artificiais, ou quiálteras, empréganse para escribir ritmos que superen as divisións rítmicas permitidas normalmente polo compás. Por exemplo, un tresillo de corcheas nun compás de 4/4 divide o pulso de negra en tres no canto de en dous.
Para crear un tresillo hai que seleccionar primeiro unha nota da partitura que indique a duración completa do tresillo. Por exemplo, un tresillo de corcheas ten unha «duración completa» de unha negra.
No menú principal escolla Notas → Grupos artificiais → Tresillo. Con isto créase un tresillo que divide a duración completa en tres partes iguais,
que se poden continuar modificando.
A introdución dos grupos artificiais funciona dun xeito un pouco diferente no modo de introdución de notas que no modo esquematizado antes. Na versión 0.9.5 e posteriores hai que escoller primeiramente a duración e introducir as alturas despois. Eis instrucións paso a paso para facer tresillos de corcheas.
Para modificar as propiedades de exhibición dun grupo artificial, prema o número do grupo artificial co botón dereito do rato e escolla Propiedades do grupo artificial....
A sección do número do diálogo das propiedades permite mostrar un enteiro, unha relación entre dous enteiros ou ningún número.
Na sección do corchete, «corchete» e «nada» permiten mostrar ou acochar o corchete explicitamente. A opción «corchete automático» acocha o corchete nas notas unidas con barras e mostra o corchete se o grupo artificial inclúe notas sen unir ou silencios.
Unha ligadura é unha liña curva entre dúas notas da mesma altura. Se quere unha liña curva que afecte a varias alturas, vexa Ligadura de expresión
Seleccione a primeira nota:
+ crea unha ligadura de extensión: (Na versión 0.9.3 e anteriores o atallo é Maiúsculas+S)
Para crear ligaduras durante a introdución de notas prema + despois de introducir a primeira nota.
Unha ligadura de expresión é unha liña curva entre dúas ou máis notas que indica que as hai que tocar sen separación. Se busca como xuntar dúas notas da mesma altura, vexa ligaduras.
As caixiñas ou manipuladores (aparecen nas imaxes dos pasos 2-4 de arriba) pódense axustar co rato. Os dous manipuladores exteriores axustan o principio e o final da ligadura de expresión. Os dous manipuladores interiores axustan a curvatura da ligadura.
Unha ligadura de expresión pódese prolongar durante varios sistemas e páxinas. O inicio e o final dunha ligadura ancóranse nunha nota/acorde ou silencio. Se as notas se moven debido a modificacións da disposición, o largo dos compases ou o estilo, a ligadura de expresión tamén se move e se axusta en tamaño.
Nota: Non é posíbel mudar as notas de áncora de principio e final mediante o rato. Empregue Maiúsculas + frechas dereita ou esquerda para axustar os puntos de inicio e de fin dunha ligadura de expresión.
As ligaduras punteadas empréganse ás veces en cancións nas que a presenza da ligadura de expresión varía entre as estrofas. As ligaduras punteadas tamén se empregan para indicar unha suxestión do editor (fronte ás notacións do orixinais do compositor). Para mudar unha ligadura de expresión nunha ligadura punteada, prémaa co botón dereito do rato e escolla Propiedades da ligadura... No diálogo de propiedades da ligadura pódese escoller se se quere unha ligadura de expresión contínua ou punteada.
Vexa tamén: Ligaduras, Modo de edición.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
slur_b2t.png | 12.16 KB |
A paleta de liñas, o mesmo que as outras paletas, funciona con "arrastrar e soltar". Empregue o rato para arrastrar o elemento desde a paleta e soltalo na partitura.
Vexa tamén: Crescendos, Voltas (primeiro e segundo remates)
As marcas de tempo están disponíbeis na barra lateral de paletas principal. Pódense arrastrar e soltar as marcas de tempo para a partitura (vexa paletas para información xeral sobre como traballar coas paletas no MuseScore).
Se precisa dunha marca de tempo que non apareza na paleta lateral, vaia a Crear → Tempo... para crear a súa propia. Pódense modificar os números superior e inferior no panel Crear unha marca de tempo.
Na maioría dos casos só se precisa modificar o primeiro dos numeradores. Os numeradores adicionais son para os compases aditivos que conteñen varios números separados por un símbolo +.
Hai determinadas ocasións nas que a duración real dun compás é diferente da duración especificada pola marca de tempo. As anacrusas son un exemplo frecuente. Para mudar a duración actual dun compás sen mostrar unha marca de tempo distinta vexa a sección Propiedades de operacións co compás.
Exemplo de notación da percusión:
A notación da percusión normalmente inclúe notas coas plicas para riba e para baixo ao mesmo tempo. Se non está familiarizado coa edición de varias voces nun único pentagrama, vexa voces para ter unha visión xeral. Vexa máis embaixo as instrucións específicas da notación da percusión.
O xeito máis doado de engadir a notación da percusión a unha partitura é cun teclado MIDI. A maioría dos teclados MIDI teñen marcas para a percusión en cada tecla. Cando se preme a tecla do chimbau (hi-hat), o MuseScore engade a notación correcta á partitura. O MuseScore ocúpase automaticamente da dirección da plica e do tipo de cabeza da nota.
A introdución mediante o rato de percusión sen altura funciona de xeito diferente aos demais instrumentos, polo que velaquí os pasos especiais necesarios:
As apoiaturas breves (Acciaccatura) aparecen como notas pequenas cunha raia pequena que corta a plica. As apoiaturas longas (Appoggiatura) non están riscadas. Ambas as dúas colócanse antes da nota principal, de tamaño normal, á que van ligadas.
As notas de adorno créanse arrastrando un símbolo de nota de adorno desde a paleta Notas de adorno (Nas versións 0.9.5 e anteriores a paleta chámase simplemente Notas) para unha nota normal da partitura. Tamén é posíbel crear unha nota de adorno seleccionando a cabeza dunha nota e premendo dúas beces un símbolo de nota de adorno da paleta Notas de adorno.
Para engadir máis de unha nota de adorno, arrastre varias sucesivamente sobre a cabeza da nota.
Para engadir un acorde de notas de adorno, introduza a primeira e selecciónea e a seguir use Maiúsculas+ nomes das notas (C, D, E, etc...)
Se desexa mudar a duración dunha nota de adorno creada con anterioridade, selecciónea e escolla unha duración na barra de ferramentas ou introdúzaa cunha das teclas 1 ... 9 (vexa Entrada de notas).
[inline:grace-palette.png=Paleta Notas de adorno
+
Vexa tamén: Grace note na Wikipedia
Pódense definir o inicio e o final das repeticións simples coas barras de compás apropiadas.
Pódese configurar a propiedade "Número de repeticións" no derradeiro compás dunha repetición para configurar o número de repeticións.
Vexa tamén: Voltas para os finais primeiro e segundo.
Para colocar un símbolo de respiración, arrástreo desde a paleta de respiracións para unha nota da partitura. O símbolo de respiración colócase antes da nota. Na versión 0.9.5 e nas anteriores o símbolo de respiración aparece antes da nota sobre a que se arrastrou.
Símbolo de respiración na partitura:
Unha cesura (dúas liñas verticais) funciona igual e está dispoñíbel na versión 0.9.6 e posteriores.
Cando un compás completo carece de notas, emprégase un silencio de un compás.
Para crear un silencio de un compás seleccione un compás e prema Supr. Todas as notas e silencios deste compás substitúense por un silencio de un compás.
Os compases de espera indican un silencio de duración longa para un instrumento e utilízanse con frecuencia nas partituras para conxuntos musicais.
A opción de estilo crea automaticamente silencios de varios compases en toda a partitura. Polo tanto, recoméndase que se introduzan primeiro todas as notas e que se activen os silencios de varios compases despois.
As versións 0.9.5 e anteriores non rachaban automaticamente os silencios de varios compases en puntos importantes, como as liñas de compás dobres, as armaduras e as marcas de ensaio. Isto xa está arranxado nas versións máis recentes. Como tranquilla para as versións anteriores, vexa a sección «Rachar os silencios de varios compases» de operacións cos compases.
O trémolo é a repetición rápida dunha nota ou a alternancia rápida entre dúas ou máis notas. Indícase cunhas liñas que cruzan as plicas das notas. Se o trémolo está entre dúas ou máis notas, debúxanse as barras entre elas.
Existen símbolos diferentes para os trémolos de unha e de dúas notas na paleta de trémolos.
Nun trémolo de dúas notas cada nota ten o valor da duración total do trémolo. Para introducir un trémolo coa duración dunha branca, introduza primeiro dúas corcheas normais. Ao arrastrar un símbolo de trémolo para riba da primeira nota, os valores das notas duplícanse automaticamente en brancas.
As unións ou barras de agrupación de notas créanse automaticamente, aínda que se poden modificar manualmente. Arrastre un símbolo de unión desde a paleta de barras para riba dunha nota para modificar o comportamento da barra.
Tamén se pode seleccionar primeiro unha nota e logo premer dúas veces o símbolo desexado da paleta de barras.
Comezar unha barra nesta nota.
Non rematar unha barra nesta nota.
Non unir esta nota.
Comezar unha barra de segundo nivel nesta nota (non dispoñíbel aínda nas versións actuais do MuseScore).
As voces permiten ter notas nun único pentagrama que comecen ao mesmo tempo mais teñan duracións diferentes. Ás veces, ás voces chámaselles "capas" noutro software de notación.
Para acochar un silencio, prema co botón dereito do rato e seleccione Tornar invisíbel. Se seleccionou Mostrar → Mostrar o invisíbel, o silencio aparece en gris na pantalla. Os silencios acochados non aparecen impresos.
As repeticións ou chaves de volta empréganse para marcar finais distintos nunha repetición:
Pódense colocar as chaves de volta na partitura arrastrándoas desde a paleta de liñas.
As chaves pódense estender durante máis de un compás. Prema dúas veces na volta para entrar no modo de edición e mova os extremos con:
Estes comandos moven o inicio ou final "lóxicos" da chave da volta que determina a reprodución no MuseScore e a disposición en varios sistemas. Mover os manipuladores coas frechas esquerda ou dereita só ou empregar o rato permite axustes máis finos mais non altera o como se reproducen as repeticións.
Os outros comandos do modo de edición tamén moven os extremos mais non alteran a forma en que se toca a repetición.
Ao mover os extremos aparece unha liña punteada desde a posición lóxica até a posición actual
Pódese modificar o texto e outras moitas propiedades dunha chave de volta empregando o diálogo Propiedades da liña. Prema unha chave de volta co botón dereito e escolla Propiedades da liña.... Se está a empregar a versión 0.9.3 ou anteriores, escolla "Propiedades da volta...". A imaxe de embaixo mostra o texto da volta como "1.-5."
Tamén se pode premer a volta co botón dereito e ir ao diálogo Propiedades da volta. Aquí pódense mudar tanto o texto de aparece na volta (o mesmo das Propiedades de liña de antes) e a Lista de repetición. Se se quere unha volta se toque só nalgunhas repeticións e outra volta noutras repeticións, introduza os números das repeticións nunha lista separada por vírgulas. No exemplo de embaixo, esta volta tócase durante as repeticións 1, 2, 4, 5 e 7. Outra volta terá o outro final, como 3, 5 e posibelmente outros números maiores, como 8, 9, etc.
Ás veces as repeticións tócanse máis de dúas veces. Na imaxe de riba o texto da volta indica que a hai que tocar cinco veces antes de continuar. Se se quere alterar o número de veces que o MuseScore toca unha repetición, hai que ir ao compás que conteña a barra de repetición e modificar o Número de repeticións (vexa operacións cos compases para os detalles).
Na versión 0.9.4 e anteriores só se poden colocar as voltas no pentagrama superior dunha partitura con varias partes. Se non, pódense atopar erros, como que o MuseScore deixe de funcionar cando se creen partes (vexa o informe de erro) ou que a posición da áncora se desprace cando se cargue de novo a partitura.
O MuseScore trae incorporadas capacidades de «Son e reprodución». Este capítulo cobre os controles de reprodución e como estender os sons dos instrumentos a máis do que o son de piano incorporado.
O MuseScore dispón dun secuenciador e sintetizador integrados para poder tocar as partituras.
Ao premer o botón Reproducir éntrase no Modo de reprodución. No Modo de reprodución están dispoñíbeis os comandos seguintes:
Prema o botón de reprodución de novo para parar e saír do Modo de reprodución.
O MuseScore inicia a reprodución desde onde o deixou a vez anterior. Se se selecciona unha nota, o MuseScore inicia desde a última nota seleccionada. A barra de ferramentas tamén dispón dun botón de rebobinado para volver rapidamente ao principio da partitura para reproducila.
O panel de reprodución ofrece máis controles de reprodución, incluído o tempo, a posición de inicio e un volume global. No menú principal escolla Mostrar → Panel de reprodución para abrir o Panel de reprodución.
Versión 0.9.5 e anteriores: Para tocar instrumentos diferentes do piano hai que substituír a fonte de son integrada do MuseScore por unha máis capaz no separador Editar → Preferencias... → E/S. Vexa Fontes de son para as instrucións.
Se está a ter dificultades co son en Ubuntu, recoméndase actualizar á versión 0.9.5 ou a outra posterior. Hai instrucións para obter a edición máis recente na páxina de descargas do sitio web. Se tiver outros problemas, solicite axuda nos foros.
O MuseScore vén cun tipo de ficheiro especial chamado SoundFound ou "fonte de son" que lle indica como reproducir o son de cada instrumento. Algunhas fontes de son foron deseñadas expresamente para a música clásica, outras para o jazz ou o pop e outras son grandes e ocupan moita memoria; outras son moi pequenas e lixeiras. A última versión do MuseScore (versión 0.9.6 e posteriores) vén cunha fonte de son relativamente lixeira e de propósito xeral chamada "TimGM6mb.sf2".
Un ficheiro SoundFont pode almacenar un número determinado de sons de instrumentos. Na web hai moitos SoundFonts dispoñíbeis. Procure un que cobra os 128 sons do General MIDI (GM). Se está a empregar unha fonte de son que non respecte a norma General MIDI, pode que outros non escoiten os instrumentos correctos cando comparta a partitura ou a grave como MIDI.
O tamaño de ficheiro e a calidade dos sons das fontes de son dispoñíbeis na web varía moito. Os ficheiros SoundFont máis grandes normalmente soan mellor, mais poden seren demasiado grandes para executalos nalgúns computadores. Se o MuseScore se tornar lento despois de instalar un ficheiro SoundFont grande ou se o computador non pode manter estábel a reprodución, procure un ficheiro SoundFont máis pequeno. Aquí abaixo pode atopar tres fontes de son GM de tamaños diferentes.
FluidR3_GM.sf2
(141 MB sen comprimir)
Descargue Fluid-soundfont.tar.gz (129 MB)
GeneralUser_GS_1.43-MuseScore.sf2
(29.8 MB sen comprimir)
Descargue GeneralUser_GS_1.43-MuseScore.zip (Cortesía de S. Christian Collins)
TimGM6mb.sf2
(5.7 MB sen comprimir)
Descargue modified TimGM6mb.sf2 (Cortesía de Tim Brechbill)
Dado que os ficheiros SoundFont son grandes, normalmente están comprimidos en diversos formatos, que inclúen .zip, .sfArk e .tar.gz. Hai que descomprimir estes ficheiros antes de os poder utilizar.
Unha vez atopado e descomprimido un ficheiro SoundFont non prema dúas veces nel para abrilo, porque isto non configura o MuseScore. No canto disto, mova o ficheiro para o cartafol que queira, inicie o MuseScore e siga as instrucións de embaixo.
Vaia a Mostrar → Sintetizador. A configuración inicial da fonte de son depende do sistema operativo no que estea a traballar.
Prema a icona Abrir que hai ao lado de onde estea a fonte de son e busque o ficheiro da fonte de son (.sf2). No diálogo Abrir navegue e seleccione o ficheiro e despois prema Abrir.
Se está a utilizar a versión 0.9.5 ou anteriores vaia a Editar → Preferencias... → separador E/S.
A configuración inicial de SounFont é :/data/piano1.sf2. Substitúa isto pola localización do novo ficheiro SoundFont (.sf2). Prema a icona Abrir para procurar o ficheiro e abrilo.
Prema Aceptar para aplicar as modificacións e saia do panel de preferencias. Saia do aplicativo e volva a iniciar o MuseScore para que se realicen as modificacións.
Se o panel de ferramentas de reprodución aparece esvaecido ou non é visíbel, siga as instrucións de embaixo para que o son funcione de novo:
Se é a primeira vez que instala unha fonte de son, empregue unha das fontes de son que se enumeran máis arriba.
Se a reprodución vai a tropezóns é porque o computador non é quen de xestionar a fonte de son en uso. Dúas solucións:
Pódese modificar o tempo de reprodución no panel de reprodución ou co texto de tempo na partitura.
Pódese mudar o texto de tempo existente premendo dúas veces o texto e entrando no modo de edición. Pódense empregar os símbolos de texto para engadir unha negra ou outra duración para unha marca de metrónomo no texto do tempo.
Pódense axustar os pulsos por minuto (BMP) no texto de tempo existente calcando co botón dereito no texto e seleccionando Propiedades do tempo...
Nota: A reprodución do texto do tempo pode ser máis rápida ou máis lenta que os BMP especificados na configuración do tempo de ser diferente de 100%.
O capítulo anterior cobre o texto que afecta o tempo de reprodución, mais hai moitos outros tipos de texto disponíbeis no Musescore: letras, nomes dos acordes, indicadores de dinámica, dixitación, títulos e moitos máis. Son todos accesíbeis desde o menú principal en Crear → Texto.
Para o texto breve xenérico empregue o texto de pentagrama ou de sistema. a diferenza entre estes dous textos é que un se aplica a un único pentagrama e o outro ao sistema completo.
Prema dúas veces un texto para entrar no modo de edición:
No modo de edición disponse dos comandos seguintes:
Pódese empregar Símbolos de texto para inserir negras, fraccións e outros símbolos especiais ou caracteres no texto. Na barra de ferramentas de texto prema a icona do teclado para abrir a paleta Símbolos de texto
Vexa tamén: Nomes dos acordes, Letras, Molduras, Modo de edición
Cada tipo de texto ten un estilo básico. Por exemplo, o texto do título está centrado e emprega un tamaño de letra grande. O texto do compositor é menor e está aliñado á dereita. Para modificar os estilos de texto vaia a Estilo → Modificar o estilo de texto....
Durante a edición de texto pódense facer cambios que difiran do estilo básico. Para detalles, vexa «Formatar texto existente» máis abaixo.
* A distinción entre texto do sistema e texto do pentagrama resulta importante nas partituras para conxuntos musicais. O texto do sistema extráese para todas as partes. O texto do pentagrama só se extrae para a parte na que está ancorado.
No MuseScore 1.0 e anteriores, as modificacións ao estilo de texto aplícanse ao texto novo mais non modifican consistentemente o texto existente. Porén, pódese modificar o formato do texto existente premendo co botón dereito e escollendo «Propiedades do texto». Para aplicar as modificacións a todo o texto do mesmo tipo, seleccione a opción «aplicar a todos os elementos do mesmo tipo».
Pódense introducir os nomes dos acordes seleccionando primeiro unha nota e premendo Ctrl+K. Isto crea un obxecto de texto co nome do acorde para o acorde seleccionado.
Os nomes dos acordes pódense modificar igual que o texto normal. Para engadir un sostido escriba # e para engadir un bemol escriba b. Estes caracteres tórnanse automaticamente nos símbolos correctos de sostido e bemol ao pasar ao acorde seguinte.
Se prefire unha aparencia máis artesá dos nomes dos acordes na partitura, as versións 0.9.5 e posteriores inclúen esta opción.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cchords_muse.png | 11.77 KB |
cchords_nrb.png | 12.55 KB |
cchords_rb.png | 11.28 KB |
cchords_sym.png | 11 KB |
Pódeselle engadir a dixitación ás notas arrastrando un carácter de dixitación desde a paleta de dixitación para riba dunha nota da partitura. Cando se selecciona antes a cabeza dunha nota pódese engadir a dixitación cun dobre clic. As dixitacións son texto normal que se pode editar como calquera outro texto
Pódense estender as sílabas cun guión baixo:
Introducido con: soul, _ _ _ e Esc.
As letras pódense modificar como texto normal, excepto algúns caracteres. Se quixer engadir un espazo, guión ou guión baixo a unha única sílaba, empregue os atallos seguintes.
Vexa tamén: Textos, Nomes dos acordes.
Os saltos de páxina e os saltos de liña (saltos de sistema) créanse arrastrando un símbolo de salto de páxina ou de liña desde a paleta de saltos para un sitio baleiro dun compás da partitura. O salto prodúcese despois do compás marcado. Os símbolos verdes de salto son visíbeis na pantalla mais non aparecen ao imprimir.
Ás veces precísanse saltos de sistema no medio dun compás (especialmente en himnos estróficos ou lieder). Por exemplo, se se quere tres pulsos nun sistema e unha anacrusa de un pulso no sistema seguinte, hai que crear dous compases de duración reducida. Para máis detalles vexa as seccións "Duración" e "Irregular" en Operacións cos compases, así como a derradeira sección.
Os espaciadores empréganse para aumentar o espazo entre dous pentagramas consecutivos. Arrastre e solte un espaciador sobre un compás por riba da zona que precisa de máis espazo vertical. Prema dúas veces o espaciador e arrastre o selector co rato para axustar a altura do espaciador.
Se quere axustar o espazo entre os pentagramas en toda a partitura empregue as opcións de estilo. Os espaciadores están deseñados para os axustes locais.
As molduras fornecen un espazo baleiro fóra dos compases normais. Tamén poden conter texto ou imaxes. O MuseScore dispón de dous tipos de molduras:
Seleccione primeiro un compás. O comando para inserir unha moldura está no menú Crear → Compases. A moldura insírese antes do compás seleccionado.
Seleccione unha moldura e prema Supr.
Prema dúas veces a moldura para entrar no modo de edición. Aparece un manexador que se pode empregar para arrastrar o tamaño da moldura.
Moldura do título no modo de edición:
Antes de enviar a solicitude de axuda:
Ao publicar a súa solicitude de axuda ou informar dun erro, inclúa, por favor, toda a información seguinte que coñeza: