Tux Paint version 0.9.14 Un sinxelo programa de debuxo para nenos Copyright 2004 by Bill Kendrick New Breed Software bill@newbreedsoftware.com http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/ 14 de Xuno de 2002 - 24 de Outubro de 2004 ---------------------------------------------------------------------- Acerca de Que e "Tux Paint"? Tux Paint e un programa de debuxo libre desenado para os nenos pequenos (rapaces de 3 e mais). Ten unha interface sinxela e facil de usar, efectos de son divertidos, e unha mascota animada que guia e axuda os nenos a usar o programa. Proporciona un lenzo en branco e unha chea de ferramentas de debuxo que lle axudan os nenos a ser creativos. Licenza: Tux Paint e un proxecto de Codigo Aberto, Software Libre que se libera baixo a GNU General Public License (GPL). e libre, e o "codigo fonte" do programa esta disponible. (Isto permitelle a outras persoas engadir funcionalidades, arranxar erros, e usar partes do programa no seu propio software GPL). Mire o ficheiro COPYING.txt para obter o texto completo da licenza GPL. Obxectivos: Sinxelo e Divertido Tux Paint esta pensado para ser un programa de debuxo sinxelo para nenos pequenos. Non esta pensado para ser unha ferramenta de debuxo de proposito xeral. Esta pensado para ser divertido e facil de usar. Os efectos de son e un personaxe animado axudan o usuario a enterarse de que esta ocorrendo, e a mantelo entretido. Tamen hai punteiros grandes para o rato. Extensibilidade Tux Paint e extensible. Os pinceis e as estampas poden ponerse (droppped in) e sacarse (pulled out). Por exemplo, un profesor pode poner unha coleccion de formas de animais e dicirlle os seus estudiantes que debuxen un ecosistema. Cada forma pode ter un son que se reproduce, e mensaxes de texto que se amosan cando os nenos seleccionan a forma. Portabilidade Tux Paint portouse a varias plataformas de ordenador: Windows, Macintosh, Linux, etc. A interface e a mesma en todas elas. Tux Paint executase ben en sistemas vellos (coma os Pentium 133), e pode compilarse para que se execute mellor en sistemas lentos. Simplicidade Non hai acceso directo a elementos internos do ordenador. A imaxe actual gardase cando se sae do programa, e volve aparecer cando se volve executar. Para gardar imaxes non compre crear nomes de ficheiro ou usar o teclado. As imaxes abrense seleccionandoas dunha coleccion de miniaturas das imaxes. O acceso a outros ficheiros do ordenador esta limitado. ---------------------------------------------------------------------- Usando Tux Paint Executar Tux Paint Usuarios de Linux/Unix Tux Paint deberia ter posto unha icona de lanzamento nos menus de KDE e/ou GNOME, en 'Graficos.' Tamen se pode executar o seguinte comando nunha lina de comandos (p.ex., "$"): $ tuxpaint Se ocorre algun erro, amosarase na terminal (para "stderr"). ---------------------------------------------------------------------- Usuarios de Windows [Icona] Tux Paint Se instalou Tux Paint no seu ordenador usando 'Instalador de Tux Paint', este preguntarialle se desexaba unha entrada no menu 'Inicio', e/ou un acceso directo no escritorio. Se aceptou, soamente ten que executar Tux Paint dende a seccion 'Tux Paint' do menu 'Inicio' (p.ex., en "Todolos programas" en Windows XP), ou facendo dobre clic na icona de "Tux Paint" no escritorio. Se instalou Tux Paint usando a descarga do 'ficheiro ZIP', ou se usou o 'Instalador de Tux Paint', pero escolleu non poner accesos directos, necesitara facer dobre clic na icona de "tuxpaint.exe" dentro do cartafol de 'Tux Paint'. Por defecto, o 'Instalador de Tux Paint' pora o cartafol de Tux Paint en "C:\Archivos de programa\", ainda que vostede puido ter trocado isto cando executou o instalador. Se usou a descarga do 'ficheiro ZIP', o cartafol de Tux Paint estara onde o puxo cando descomprimiu o ficheiro ZIP. ---------------------------------------------------------------------- Usuarios de Mac OS X Faga dobre clic na icona de "Tux Paint". ---------------------------------------------------------------------- Pantalla de Titulo Cando Tux Paint carga por primeira vez, aparecera unha pantalla de titulo/creditos. [Captura da Pantalla de Titulo] Unha vez que se completou a carga, prema unha tecla ou clique co rato para continuar. (Ou, despois de aproximadamente 30 segundos, a pantalla de titulo desaparecera automaticamente). ---------------------------------------------------------------------- Pantalla Principal A pantalla principal esta dividida nas seguintes seccions: Lado Esquerdo: Barra de Ferramentas A barra de ferramentas conten os controis de debuxo e edicion. [Ferramentas: Pintar, Estampa, Linas, Formas, Texto, Maxicos, Desfacer, Refacer, Borrador, Novo, Abrir, Gardar, Imprimir, Sair] Centro: Lenzo de Debuxo A parte mais grande da pantalla, no centro, e o lenzo de debuxo. Aqui e, obviamente, onde se debuxa! [(Lenzo)] Lado Dereito: Selector Dependendo da ferramenta actual, o selector amosa cousas diferentes. Por exemplo, cando esta seleccionada a ferramenta Pincel, amosa todolos pinceis disponibles. Cando esta seleccionada a ferramenta Estampa, amosa as diferentes formas que se poden usar. [Selectores - Pinceis, Letras, Formas, Estampas] Mais abaixo: Cores Hai unha paleta cas cores disponibles preto do fondo da pantalla. [Cores: Negro, Branco, Vermello, Rosa, Laranxa, Amarelo, Verde, Azul Celeste, Azul, Purpura, Marron, Gris] Inferior: area de Axuda Na parte inferior da pantalla, Tux, o Pingu:in de Linux, da consellos e outra informacion mentres se debuxa. (Por exemplo: 'Escolle unha figura. Clica para marcar o centro, arrastra e solta cando tena o tamano que queiras. Move arredor para virala, e clica para debuxala.) ---------------------------------------------------------------------- Ferramentas Disponibles Ferramentas de Debuxo Pintar (Pincel) A ferramenta Pincel permite debuxar a man alzada, usando diferentes pinceis (podense elixir no Selector da dereita) e cores (podense elixir na paleta de cores do fondo). Se manten premido o boton do rato, e move o rato, debuxara mentres o move. Mentres debuxa, reproducese un son. Canto mais grande sexa o pincel, mais grave sera o ton. ---------------------------------------------------------------------- Estampa (Estampas de Goma) A ferramenta Estampa e coma un estampa de goma, ou unha pegatina. Permite pegar imaxes fotograficas ou predesenadas (coma un debuxo dun cabalo, dunha arbore ou da lua) no debuxo. Mentres move o rato, unha lina seguira o rato, sinalando onde se pora a estampa. As estampas poden ter diferentes efectos de son. Algunhas estampas poden colorearse ou tinguirse. As Estampas poden reducirse e expandirse, e moitas das estampas poden inverterse verticalmente, ou amosarse coma unha imaxe espellada, usando os controis da dereita no fondo da pantalla. (NOTA: Se esta establecida a opcion "nostampcontrols", Tux Paint non amosara os controis Espellar, Inverter, Reducir e Aumentar para as estampas. Mire a documentacion "Options"). ---------------------------------------------------------------------- Linas Esta ferramenta permite debuxar linas rectas usando os diferentes pinceis e cores que se usan normalmente co Pincel. Clique e mantena o boton premido para elixir o punto de comezo da lina. Mentres move o rato, amosarase unha lina onde se vai debuxar a lina. Solte o boton para completar a lina. Reproducirase un son. ---------------------------------------------------------------------- Formas Esta ferramenta permite debuxar algunhas formas recheas ou non. Seleccione unha forma do selector da dereita (circulo, cadrado, ovalo, etc.). No lenxo, clique e mantena o boton premido para estirar a forma dende onde clicou. Nalgunhas formas pode cambiarse a proporcion (p.ex., o rectangulo e o ovalo), e outras non (p.ex., o cadrado e o circulo). Solte o boton cando remate de estirar. Modo Normal Agora pode mover o rato polo lenzo para vira-la forma. Clique outra vez e debuxarase a forma ca cor actual. Modo Formas Simples Se estan activadas as formas simples (p.ex., ca opcion "--simpleshapes"), a forma debuxarase no lenzo cando solte o boton. (Non hai o paso no que se pode virar.) ---------------------------------------------------------------------- Texto Escolla unha fonte (das 'Letras' disponibles na dereita) e unha cor (da paleta de cores do fondo). Clique na pantalla e aparecera un cursor. Escriba o texto e aparecera na pantalla. Prema [Intro] ou [Retorno] e debuxarase o texto no debuxo e o cursor moverase unha lina para abaixo. Clique na parte do debuxo que queira e a lina de texto que esta escribindo moverase ali, onde pode continuar editandoa. ---------------------------------------------------------------------- Maxia (Efectos Especiais) A ferramenta 'Maxia' e actualmente un conxunto de ferramentas especiais. Seleccione un dos efectos maxicos do seleccionador da dereita e despois clique no debuxo e arrastre para aplicar o efecto. Arco iris Esta e semellante o pincel, pero mentres move o rato, debuxa todalas cores do arco da vella. Escintileos Debuxa escintileos amarelos brillantes no debuxo. Espellar Cando se clica no debuxo co efecto maxico "Espellar" seleccionado, invertirase horizontalmente toda a imaxe (o da esquerda queda na dereita e o da dereita pasa a esquerda), convertendoa nunha imaxe espellada. Inverter Similar a "Espellar." Se se clica, invertirase verticalmente toda a imaxe (o de arriba para abaixo e o de abaixo para arriba). Desenfocar Isto fai que o debuxo se desdebuxe nas zonas polas que arrastre o rato. Cuadricula Isto fai que o debuxo se cuadricule ("pixelice") onde queira que arrastre o rato. Negativo Isto invirte as cores nas partes do debuxo nas que arrastre o rato. (p.ex., o branco convirtese en negro, e viceversa.) Esvaecer Isto esvaece as cores nas zonas polas que arrastre o rato. (Se o fai no mesmo sitio moitas veces, e o final quedara en branco.) Xiz Isto fai que partes do debuxo (onde mova o rato) parezan debuxadas con xiz. Pingar Isto fai que as cores "pinguen" nas zonas do debuxo onde mova o rato. Engrosar Isto fai que as cores mais escuras do debuxo se fagan mais grosas nas partes nas que arrastre o rato. Afinar Similar a "Engrosar", excepto que as cores escuras se volven mais finas (as cores mais claras fanse mais grosas). Encher Isto enche o debuxo cunha cor. Permite encher rapidamente partes do debuxo, coma se fora un libro de debuxos (coloring book). ---------------------------------------------------------------------- Goma Esta ferramenta e semellante o Pincel. Onde queira que clique (clique ou arrastre), borrarase o debuxo e quedara en branco, ou ca cor de fondo do debuxo, se comezou o debuxo actual cunha imaxe "Inicial". Hai disponibles varios tamanos de goma. Mentres move o rato, un cadrado segue o punteiro, sinalando que parte do debuxo se borrara e quedara en branco. Mentres borra, reproducirase un son de limpado. ---------------------------------------------------------------------- Outros Controis Desfacer Se clica nesta ferramenta desfarase a ultima accion de debuxo que fixo. Pode desfacer mais dunha vez! Nota: Tamen se pode premer [Control]-[Z] no teclado para desfacer. ---------------------------------------------------------------------- Refacer Se clica nesta ferramenta refarase a accion de debuxo que acaba de "desfacer" ca ferramenta 'Desfacer'. Mentres non volva debuxar outra vez, pode refacer tantas veces coma "desfixo"! Nota: Tamen se pode premer [Control]-[R] no teclado para refacer. ---------------------------------------------------------------------- Novo Se se clica no boton "Novo" comezarase un novo debuxo. Primeiro preguntaraselle se desexa facer isto. Nota: Tamen pode premer [Control]-[N] no teclado para comezar un novo debuxo. ---------------------------------------------------------------------- Abrir Isto amosara unha lista de todalos debuxos que gardou. Se hai mais debuxos dos que collen na pantalla, pode usar as frechas "Arriba" e "Abaixo" que estan na cima e no fondo da lista para desprazarse pola lista de debuxos. Clique nun debuxo para seleccionalo, e despois... * Clique no boton verde "Abrir" na parte inferior esquerda da lista para cargar o debuxo seleccionado. (Tamen pode facer dobre clic na icona dun debuxo para cargalo.) * Clique no boton marron "Borrar" (cubo do lixo) na parte inferior dereita da lista para borrar o debuxo seleccionado. (Pediraselle que confirme o borrado). * Ou clique no boton vermello con frecha "Atras" na parte inferior dereita da lista para cancelar e voltar o debuxo que estaba debuxando. Imaxes 'Iniciais' Xunto cos debuxos que creou vostede, Tux Paint proporcionalle as imaxes 'Iniciais'. Abrilas e coma crear un novo debuxo, excepto porque o debuxo non esta en branco. As imaxes 'Iniciais' poden ser coma unha paxina dun caderno de debuxo (coloring book) (cun bosquexo do debuxo en branco e negro, que despois se pode colorear), ou coma unha fotografia 3D, na se poden debuxar os bits. As imaxes 'Iniciais' tenen un fondo verde na pantalla 'Abrir'. (As imaxes normais tenen un fondo azul). Cando carga unha imaxe 'Inicial', debuxa nela, e despois clica en 'Gardar', crease un novo debuxo (non sobrescribe a imaxe 'Inicial' orixinal, asi que podera volver usala outra vez). Se escolleu abrir un debuxo, e o seu debuxo actual non se gardou, preguntaraselle se desexa gardalo ou non. (Mire "Gardar," debaixo.) Nota: Tamen pode premer [Control]-[O] no teclado para obter o dialogo 'Abrir'. ---------------------------------------------------------------------- Gardar Isto garda o debuxo actual. Se non o gardou antes, crearase unha nova entrada na lista de imaxes gardadas (ou sexa, crearase un novo ficheiro). Nota: Non se lle preguntara nada (p.ex., o nome do ficheiro). Soamente se gardara o debuxo, e reproducirase un efecto de son de "disparador de camara". Se xa GARDOU antes o debuxo, ou se e un debuxo que cargou usando o comando "Abrir", preguntaraselle primeiro se desexa sobrescribi-la version antiga, ou se desexa crear unha nova entrada (un novo ficheiro). ((NOTA: Se esta establecida unha das opcions "saveover" ou "saveovernew", non se lle preguntara antes sobrescribir a version antiga. Mire a documentacion "Options".) Nota: Tamen pode premer [Control]-[S] no teclado para gardar. ---------------------------------------------------------------------- Imprimir Clique neste boton e imprimirase o seu debuxo! Deshabilitar a Impresion Se esta establecida a opcion "noprint" (xa sexa con "noprint=yes" no ficheiro de configuracion de Tux Paint, ou usando "--noprint" na lina de comandos), deshabilitarase o boton "Imprimir". Mire a documentacion "Options". Limitar a Impresion Se se usa a opcion "printdelay" (xa sexa con "printdelay=SEGUNDOS" no ficheiro de configuracion de, ou usando "--printdelay=SEGUNDOS" na lina de comandos), so podera imprimir unha vez cada SEGUNDOS segundos. Por exemplo, con "printdelay=60", so pode imprimir unha vez por minuto (1 minuto=60 segundos). Mire a documentacion "Options". Comando de Impresion (So en Linux e Unix) O comando que se usa para imprimir e actualmente un conxunto de comandos que convirten un PNG nun PostScript e o envian a impresora: pngtopnm | pnmtops | lpr Este comando pode cambiarse establecendo o valor de "printcommand" no ficheiro de configuracion de Tux Paint. Mire a documentacion "Options". Opcions de Impresion (So para Windows) Por defecto, Tux Paint so imprime na impresora predeterminada cas opcions predeterminadas cando se preme o boton 'Imprimir'. Sen embargo, se preme a tecla [ALT] do teclado mentres preme o boton, e se non esta no modo pantalla completa, aparecera o dialogo de impresion de Windows, onde podera trocar as opcions. Pode almacenar os trocos na configuracion de impresora usando a opcion "printcfg", xa sexa usando "--printcfg" na lina de comandos, ou "printcfg=yes" no propio ficheiro de configuracion de Tux Paint ("tuxpaint.cfg"). Se se usa a opcion "printcfg", as opcions de impresion cargaranse dende o ficheiro "userdata/print.cfg". Calquera troco gardarase aqui tamen. Mire a documentacion "Options". ---------------------------------------------------------------------- Sair Se clica no boton "Sair", pecha a venta de Tux Paint, ou preme a tecla "Escape" saira de Tux Paint. (NOTA: O boton "Sair" pode deshabilitarse (p.ex., ca opcion de lina de comandos "--noquit"), pero a tecla [Escape] ainda funcionara. Mire a documentacion "Options". Primeiro preguntaraselle se desexa sair. Se escolle sair, e non gardou o debuxo actual, preguntaraselle primeiro se desexa gardalo. Se non e unha imaxe nova, enton preguntaraselle se desexa sobrescribir a version antiga, ou crear unha nova entrada. (Mire "Gardar" enriba.) NOTA: Se se garda a imaxe, cargarase automaticamente a seguinte vez que execute Tux Paint! ---------------------------------------------------------------------- Cargar Outros Debuxos en Tux Paint Xa que o dialogo 'Abrir' de Tux Paint so mostra os debuxos que ti creaches con Tux Paint, ?que ocorre se queres cargar algun outro debuxo ou fotografia en Tux Paint para editar? TPara facer isto, simplemente tes que converter o debuxo nun ficheiro de imaxe PNG (Portable Network Graphic), e ponelo no directorio "saved" de Tux Paint. ("~/.tuxpaint/saved/" en Linux e Unix, "userdata\saved\" en Windows, "Library/Preferences/tuxpaint/saved/" en Mac OS X.) Usando 'tuxpaint-import' Os usuarios de Linux e Unix poden usar o script para shell "tuxpaint-import" que se instalou o instala-lo Tux Paint. Este usa algunhas das ferramentas NetPBM para converter a imaxe ("anytopnm"), redimensionala de xeito que colla no lenzo de Tux Paint ("pnmscale"), e convertela a PNG ("pnmtopng"). Tamen usa o comando "date" para obter a data e a hora actual, que e a convencion de nomenclatura de ficheiros que usa Tux Paint para os ficheiros gardados. (Lembra que nunca se che pide un 'nome de ficheiro' cando vas gardar ou Abrir debuxos!) Para usar 'tuxpaint-import', simplemente executa o comando dende unha lina de comandos e proporcionalle o nome do(s) ficheiro(s) que desexas converter. Convertera os debuxos e poneraos no directorio 'saved' de Tux Paint. (Nota: Se estas facendo isto para un usuario diferente - p.ex., o teu neno, executa o comando usando a sua conta.) Exemplo: $ tuxpaint-import avoa.jpg avoa.jpg -> /home/username/.tuxpaint/saved/20020921123456.png jpegtopnm: WRITING A PPM FILE A primeira lina ("tuxpaint-import avoa.jpg") e o comando a executar. As duas linas seguintes son a saida do programa mentres esta traballando. Agora podes abrir o Tux Paint, e estara disponible unha version dese debuxo orixinal no dialogo 'Abrir'. !Simplemente fai dobre clic na sua icona! Facendoo Manualmente Os usuarios de Windows, Mac OS X e BeOS deben facer actualmente a conversion manualmente. Executa un programa de graficos que sexa capaz de cargar o debuxo e gardalo coma un ficheiro de formato PNG. (Mira o ficheiro de documentacion "PNG.txt" para obter unha lista de software suxerido, e outras referencias). Reduce o tamano da imaxe a un ancho maximo de 448 pixels de lado a lado e un alto maximo de 376 pixels altura (ou sexa, o tamano maximo e 448 x 376 pixels). Garda o debuxo con formato PNG. E moi recomendable que o nomees o ficheiro usando a data e a hora actual, xa que e a convencion que usa Tux Paint: YYYYMMDDhhmmss.png * YYYY = Ano * MM = Mes (01-12) * DD = Dia (01-31) * HH = Hora, en formato de 24 horas (00-23) * mm = Minuto (00-59) * ss = Segundo (00-59) p.ex.: 20020921130500 - para o 21 de Setembro de 2002, 1:05:00pm Pon este ficheiro PNG no directorio 'saved' de Tux Paint. (Mira enriba.) En Windows, esta no cartafol "userdata". En Mac OS X, esta en "Library/Preferences/tuxpaint/" no teu directorio persoal. ---------------------------------------------------------------------- Extendendo Tux Paint Se desexas engadir ou trocar cousas coma os Pinceis e as Estampas de Goma que se usan no Tux Paint, podes facelo de maneira sinxela ponendo ou eliminando ficheiros no disco duro. Nota: Compre reiniciar o Tux Paint para que os trocos tenan efecto. Onde Estan Os Ficheiros Ficheiros Estandar Tux Paint busca os seus multiples ficheiros de datos no seu directorio 'data'. Linux e Unix O sitio onde esta este directorio depende de que valor se estableceu para "DATA_PREFIX" cando se compilou o Tux Paint. Mira INSTALL.txt para obter mais detalles. Por defecto, o directorio e: /usr/local/share/tuxpaint/ Se o instalou dende un paquete, e mais probable que sexa: /usr/share/tuxpaint/ Windows Tux Paint busca un directorio chamado 'data' no mesmo directorio no que esta o executable. Este e o directorio que o instalador usou cando se instalou o Tux Paint, p.ex.: C:\Archivos de programa\TuxPaint\data Mac OS X Tux Paint almacena os ficheiros no teu cartafol "Libraries" da tua conta, en "Preferences", p.ex.: /Users/Joe/Library/Preferences/ ---------------------------------------------------------------------- Ficheiros Persoais Tamen podes crear pinceis, estampas, fontes e imaxes 'iniciais' no teu propio directorio para que Tux Paint os atope. Linux e Unix O teu directorio persoal de Tux Paint e "~/.tuxpaint/". Ou sexa, se o teu directorio persoal e "/home/karl", enton o teu directorio de Tux Paint e "/home/karl/.tuxpaint/". Non esquezas o punto (".") antes de 'tuxpaint'! Windows O teu directorio persoal de Tux Paint chamase "userdata" e esta no mesmo directorio co executable, p.ex.: C:\Archivos de programa\TuxPaint\userdata Para engadir pinceis, estampas, fontes, e imaxes 'iniciais', crea subdirectorios no teu directorio persoal de Tux Paint que se chamen "brushes", "stamps", "fonts" e "starters" respectivamente. (Por exemplo, se creaches un pincel que se chama "flower.png", deberias ponelo en "~/.tuxpaint/brushes/" en Linux ou Unix.) ---------------------------------------------------------------------- Pinceis Os pinceis que se usan para debuxar cas ferramentas 'Pintar' e 'Linas' de Tux Paint son simplemente imaxes PNG en escala de grises. A alfa (transparencia) da imaxe PNG usase para determinar a forma do pincel, o que significa que a forma pode ser 'anti-aliased' e incluso parcialmente transparente! As imaxes dos pinceis non deben ter mais de 40 pixels o ancho e non deben ter mais de 40 pixels de alto. (ou sexa, o tamano maximo e 40 x 40.) Simplemente ponas no directorio "brushes". Nota: Se todolos teus novos pinceis aparecen coma cadrados ou rectangulos solidos, e porque esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro de documentacion "PNG.txt" para obter mais informacion e consellos. ---------------------------------------------------------------------- Estampas Todolos ficheiros relacionados cas estampas estan no directorio "stamps". E util crear subdirectorios e sub-subdirectorios para organizar as estampas. (Por exemplo, podes ter un cartafol "vacacions" cos subcartafoles "halloween" e "nadal"). Imaxes As Estampas de Goma en Tux Paint poden estar compostas por varios ficheiros independentes. O unico ficheiro que e imprescindible e, dende logo, o debuxo. As Estampas que usa Tux Paint son imaxes PNG. Poden ser de cores ou de escala de grises. A alfa (transparencia) do PNG usase para determinar a forma real do debuxo (doutra maneira, estamparas un rectangulo grande nos debuxos). Os PNGs poden ser de calquera tamano, pero na practica, unha de 100 pixels de ancho por 100 pixels de alto (100 x 100) e grande de mais para Tux Paint. Nota: Se todalas tuas novas estampas tenen un contorno solido de forma rectangular dunha cor solida (p.ex. branco ou negro), e porque esqueciches usar a transparencia alfa! Mira o ficheiro de documentacion "PNG.txt" para obter mais detalles e consellos. ---------------------------------------------------------------------- Texto de Descricion Ficheiros de texto (".TXT") co mesmo nome co PNG. (p.ex. a descricion de "debuxo.png" almacenase en "debuxo.txt" que esta no mesmo directorio). A primeira lina do ficheiro de texto usarase para a descricion da imaxe de estampa en Ingles de Estados Unidos. Debe estar codificado en UTF-8. Soporte de Linguas Poden engadirse linas adicionais o ficheiro de texto para proporcionar traduccions da descricion, para amosalas cando Tux Paint se esta executando nunha lingua diferente (coma o Frances ou o Espanol). O comezo da lina debe corresponder co codigo da lingua en cuestion (p.ex. "fr" para o Frances, e "zh_tw" para o Chines Tradicional), seguido por ".utf8=" e a descricion traducida (codificada en UTF-8). Hai scripts no directorio "po" para converti-los ficheiros de texto a formato PO (e o reves) para traducir facilmente a diferentes linguas. Polo tanto nunca debes engadir ou cambiar as traduccions dos ficheiros .txt directamente. Se non hai traduccion disponible para a lingua na que se esta executando Tux Paint, usarase o texto en Ingles de Estados Unidos. Usuarios de Windows Usa o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para editar/crear estes ficheiros. Asegurate de gardalos coma Texto Plano, e asegurate de que tenen a extension ".txt" (o nome do ficheiro remata en ".txt")... ---------------------------------------------------------------------- Efectos de Son Ficheiros WAVE (".WAV") co mesmo nome co PNG. (p.ex. o efecto de son de "debuxo.png" e o ficheiro de son "debuxo.wav" que esta no mesmo directorio). Soporte de Linguas Para ter sons para idiomas diferentes (p.ex., se o son e alguen dicindo unha palabra, e queres versions traducidas da palabra), tamen podes crear ficheiros WAV co mesmo codigo de idioma no nome do ficheiro, da forma: "ESTAMPA_CODIGO.wav" O efecto de son de "debuxo.png", cando Tux Paint se esta executando en Espanol, deberia ser "debuxo_es.wav". En Frances, "debuxo_fr.wav". Etc... ---------------------------------------------------------------------- Opcions das Estampas Ademais dunha forma grafica, un descricion, e un efecto de son, as estampas tamen poden ter outros atributos. Para facer isto, compre crear un ficheiro de 'datos' para a estampa. Un ficheiro de datos dunha estampa e soamente un ficheiro de texto que conten as opcions. O ficheiro ten o mesmo nome ca imaxe PNG, pero con extension ".dat". (p.ex., o ficheiro de datos de "debuxo.png" e o ficheiro de texto "debuxo.dat" que esta no mesmo directorio). Estampas de Cor As estampas poden ser feitas para ser "colorables" ou "tinguibles". Colorables As estampas "colorables" son coma pinceis - colles a estampa para conseguir a forma, e despois colles a cor que queres que tena. (As estampas de simbolos, coma os matematicos e os musicais son un exemplo). Non se usa nada da imaxe orixinal agas a transparencia (canle "alfa"). A cor da estampa e unha cor solida. Engade a palabra "colorable" o ficheiro de datos da estampa. Tinguibles As estampas "tinguibles" son similares as "colorables", excepto por que se conservan os detalles da imaxe orixinal. (Expresandoo tecnicamente, usase a imaxe orixinal, pero o seu matiz cambiase, baseandose na cor seleccionada). Engade a palabra "tintable" o ficheiro de datos da estampa. Algunhas veces non queres tinguir as partes en branco ou gris dunha imaxe (mira, por exemplo, a estampa do rotulador imborrable no paquete predeterminado de estampas). Podes engadir a palabra "notintgray" o ficheiro de datos da estampa para conseguir isto. Deste xeito so se tinguiran as areas cunha saturacion superior o 25%. Estampas Inalterables Por defecto, unha estampa pode ser invertida co de riba para abaixo, espellada, ou as duas cousas a un tempo. Isto faise usando os botons de control debaixo do selector de estampas, na parte inferior esquerda da venta de Tux Paint. Algunhas veces, non ten sentido que unha estampa poida inverterse ou espellarse; por exemplo, as estampas de letras ou numeros. A veces as estampas son simetricas, asi que deixarlle o usuario invertelas ou espellalas non e util. Para facer que non se poida inverter unha estampa, engade a opcion "noflip" o ficheiro de datos da estampa. Para evitar que unha estampa poida ser espellada, engade a opcion "nomirror" o ficheiro de datos da estampa. Usuarios de Windows Podes usar o Bloc de Notas (NotePad) ou o WordPad para crear estes ficheiros. Asegurate de gardalos coma Texto Plano, e de que o seu nome de ficheiro ten ".dat" no remate, e non ".txt"... Imaxes Pre-Espelladas Nalguns casos, poderias querer proporcionar unha version pre-debuxada dunha imaxes espellada dunha estampa. Por exemplo, imaxina un debuxo dun camion de bombeiros cas palabras "Bombeiros" escritas nun lado. !Probablementes non quereras que o texto apareza o reves cando se espelle a imaxe! Para crear unha version espellada dunha estampa que queres que use Tux Paint, mellor ca espellala, simplemente crea un segundo ficheiro ".png" co mesmo nome, excepto que levara a cadea "_mirror" antes da extension. Por exemplo, para a estampa "camion.png" poderias crear outro ficheiro chamado "camion_mirror.png", que se usara cando se espelle a estampa (mellor ca usar unha version o reves de 'camion.png'). ---------------------------------------------------------------------- Fontes As fontes que usa Tux Paint son as TrueType Fonts (TTF). Simplemente ponas no directorio "fonts". Tux Paint cargara a fonte e proporcionara catro tamanos diferentes no selector 'Letras' cando se use a ferramenta 'Texto'. ---------------------------------------------------------------------- Imaxes 'Iniciais' As imaxes 'Iniciais' aparecen no dialogo 'Abrir', xunto cos debuxos que creaches. Tenen un boton verde de fondo, en vez de azul. A diferencia dos teus debuxos gardados, cando seleccionas e abres unha imaxe 'inicial', realmente estas creando un novo debuxo. No canto de estar en branco, o novo debuxo conten o contido da imaxe 'inicial'. Ademais, cando editas o teu novo debuxo, o contido da imaxe 'inicial' orixinal afectalle. Estilo Caderno de Debuxo (Coloring-Book Style) O tipo de imaxe 'inicial' mais basico e semellante a un debuxo dun caderno de debuxo (coloring book). E o contorno dunha forma que se pode colorear e engadirlle detalles. En Tux Paint, mentres debuxas, escribes texto, ou pos estampas, o contorno permanece 'enriba' do que debuxas. Podes borrar as partes do debuxo que fixeches, pero non podes borrar o contorno. Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente debuxa un debuxo sen contornos (outlined) nun programa de debuxo, fai que o resto do grafico sexa transparente (isto aparecera en branco no Tux Paint), e gardao coma un ficheiro de imaxe con formato PNG. Estilo Escenario Xunto ca capa (overlay) de estilo 'caderno de debuxo' (coloring-book style), tamen podes proporcionar unha imaxe de fondo distinta coma parte dunha imaxe 'inicial'. A capa actua do mesmo xeito: non se pode debuxar enriba dela, borrarse, nin lle afectan as ferramentas 'Maxicas'. !Sen embargo, no fondo si que se pode! Cando se usa a ferramenta 'Goma' nun debuxo baseado neste tipo de imaxe 'inicial', no canto de poner o lenzo en branco, volve aparecer nesa parte do lenzo o debuxo do fondo orixinal. Creando unha capa e un fondo, podes crear unha imaxe 'inicial' que simule profundidade. Imaxina un fondo que amosa o oceano, e unha capa que e o debuxo dun arrecife. Enton podes debuxar (ou estampar) peixes no debuxo. Estes apareceran no oceano, pero nunca 'diante' do arrecife. Para crear este tipo de imaxe 'inicial', simplemente crea unha capa (con transparencia alfa) como se describe enriba, e gardaa coma unha imaxe PNG. Despois crea outra imaxe (sen transparencia), e gardaa co mesmo nome de ficheiro, pero con "-back" no final do nome. (p.ex., "arrecife-back.png" seria o debuxo do oceano do fondo que lle corresponde a capa "arrecife.png", ou primeiro plano). As imaxes 'iniciais' deben ter o mesmo tamano co lenzo de Tux Paint. No modo predeterminado 640x480, seria de 448x376 pixels. Se estas usando o modo 800x600 mode, debe ser de 608x496. (Debe ter 192 pixels menos o ancho, e 104 pixels menos o alto ca resolucion). Ponas no directorio "starters". Cando se acceda o dialogo 'Abrir' en Tux Paint, as imaxes 'iniciais' apareceran cun fondo verde no comezo da lista. Nota: Nota: As imaxes 'iniciais' non poden sobrescribirse dende Tux Paint, xa que cargar unha imaxe 'inicial' e en realidade crear unha imaxe nova. ( Pero non esta en branco, xa que hai algo co que traballar). O comando 'Gardar' simplemente crea un novo debuxo, coma se se usara o comando 'Novo'. Nota: As imaxes 'iniciais' estan 'ligadas' os debuxos gardados, usando un pequeno ficheiro de texto que ten o mesmo nome co ficheiro gardado, pero con ".dat" coma extension. Isto permite que a capa superior e fondo, se hai algun, continuen afectando o debuxo incluso despois de que pechar o Tux Paint, ou se cargue ou comece outro debuxo. (Noutras palabras, se baseas un debuxo nunha imaxe 'inicial', esta sempre lle afectara). ---------------------------------------------------------------------- Lecturas Adicionais A outra documentacion incluida con (no cartafol/directorio "docs": * AUTHORS.txt Lista de autores e contribuintes * CHANGES.txt Resumo dos trocos entre versions * COPYING.txt Licenza (A GNU General Public License) * INSTALL.txt Instruccions para compilar/instalar, cando sexa posible * OPTIONS.html Instruccions detalladas sobre as opcions da lina de comandos e do ficheiro de configuracion, para aqueles que non queren usar Tux Paint Config. * PNG.txt Notas para crear imaxes de formato PNG para usar en Tux Paint * TODO.txt Unha lista das caracteristicas pendentes ou erros que necesitan solucion ---------------------------------------------------------------------- Como Conseguir Axuda Se necesitas axuda, sintete libre de contactar con New Breed Software: http://www.newbreedsoftware.com/ Tamen podes participar nas multiples listas de correo de Tux Paint: http://www.newbreedsoftware.com/tuxpaint/lists/