O contorno de traballo de Enable Viacam componse de 3 elementos básicos en pantalla.
É o elemento máis importante e que permite acceder a todas as opcións de configuración do aplicativo, activar, desactivar ou pechar o aplicativo, etc. Utilice as iconas da Barra de ferramentas ou os menús para elo. Asegúrese de que a calidade da imaxe e a velocidade de captura cumpren coas normas requiridas para un correcto funcionamento (ver Sobre webcams). O rectángulo azul que aparece no interior do cadro de captura delimita a zona de seguimento do movemento polo que é imprescindible axustar correctamente esta zona de forma que a faciana do usuario apareza no seu interior. Consulte a sección asistente de configuración para obter máis información sobre como configurar a área de seguimento.
A Xanela do clic é o complemento principal para a selección e execución do clic. Permítelle escoller entre as distintas modalidades de clic ademais de fornecer un acceso directo para minimizar ou restaurar a xanela principal cando se utiliza o modo de clic por demora. Consulte Xanela do clic para obter máis detalles.
Acceso directo para minimizar ou restaurar a xanela principal.